Lucas Requeijo, aparellador e emprendedor con Prato_2, unha tapería responsable e itinerante
A MARIÑA
Diseñou as tapas das xornadas Acerca2 ó mar en Viveiro e falou para os alumnos de Hostalería de Foz
25 abr 2026 . Actualizado a las 17:32 h.«Que el alimento sea tu medicina» de Hipócrates e «Somos lo que comemos» de Feuerbach son dúas frases nas que perfectamente se poden encadrar iniciativas coma a da Tapería Responsable Itinerante Prato_Do, do mariñán Lucas Requejo (Viveiro, 1983). Prato_Do céntrase en produtos de Denominación de Orixe e unha filosofía de vida «levada ao extremo». Coas xornadas Acerca2 ó mar, en locais do CCCHV ata a pasada ponte en Viveiro, o público degustou os seus pinchos creativos. Tamén os alumnos de Hostalería en Foz poideron escoitar a súa experiencia. «Un ten que crear o seu propio traballo», di. Nos seis meses e medio que leva en activo Prato_Do, o balance, sinala, é «positivo»: «É un traballo cooperativo. Eu son a semente, pero a clave é toda a xente que me apoiou para sacalo adiante».
-Puxo en práctica con Casa de Xantares un proxecto mobil, A Tixola, na costa galega. Semellante aos food-trucks, postos ambulantes pero ¿en que varía?
-A itinerancia a baso na difusión dunha filosofía de vida. A de base de Prato_Do é a responsabilidade medioambiental, a saúde das persoas. Os food trucks os coñecín ao buscar unha vez que sabía que quería que este proxecto fose itinerante.
-¿Chega a súa «filosofía» ao comensal a través da comida?
-Na Escola de Hostalería de Foz estiven case catro horas, por un lado explicando o meu proceso de reinvención coa crise, como elaboro eu as ofertas gastronómicas e os acabei de sorprender cando fomos á cociña e lles din a probar o que fixen nestes meses, a elección dos produtos e ver que esos pratos poden estar sabrosos, que é o importante, pois a todos nos gusta comer ben. O meu motor é a alimentación como hábito de vida saudable e como hábito creativo, o cal parte de meternos nas limitacións da natureza e traballar cos produtos de temporada. Por exemplo, a semana pasada estiven comendo patacas con pementos toda a semana, pero cada día dunha forma distinta. A xente pensa polo xeral que non é creativa e, sen embargo, isto é algo que se aprende.
-O seu oficio antes de Prato_Do, ¿tiña algo que ver coa cociña?
-Non. Eu son aparellador, técnico de prevención, tasador, pero iso non é máis que coñecemento que acumulo. Sen embargo, Prato_Do vén da miña parte máis creativa, xa me gustaba a cociña. Agora imos empezar a explorar en cociña de leña con limitacións de horta.
-¿Que fixo xa Prato_Do?
-É coma o paraugas de varias iniciativas: Tapería Responsable Itinerante na que deseñamos ofertas gastronómicas, Nenos Creativos Verdes, para os nenos facéndolles obradoiros que os acheguen á natureza, Alimenta Colectivo que é o servizo alternativo de cátering con Espazo Agroecolóxico A Estruga de Viveiro e agora imos poñer en marcha na Praza de Abastos de Lalín Ultraalimento, unha tenda onde se fomenta o produto de proximidade, e a granel, con imaxe de ultramarinos e reparto a domicilio en bici de cestas cun menú deseñado según o aporte nutricional co equipo Más Nutriente. O deseño destas cestas foi presentado en A Coruña. É algo factible para calquera sitio, tamén na Mariña.