O traballo de organizala festa

MIGUEL GARCÍA MEMBRO DA COMISIÓN DAS SAN LUCAS

A MARIÑA

21 oct 2013 . Actualizado a las 15:17 h.

As San Lucas, esas marabillosas festas e feiras que dan a benvida o outono, e que Mondoñedo se converte nunha cidade engalanada e chea de cor, nos seus días grandes. Postos polas rúas de todo tipo, artesanía, roupa, alimentación?. A Alameda chea de pulperías, atraccións e a música desas verbenas con orquestras de primeiro nivel.

Persoalmente desde fai uns anos participo na organización destas festas con afán e esmero. Recoñezo que formar parte dunha comisión de festas e un traballo moi arduo e pouco agradecido, con gran sacrificio e dedicación persoal para intentar facer as mellores festas e que a xente que se acerque a Mondoñedo se sinta como un mindoniense mais. Este ano non por ser so catros días de festa hai menos traballo, penso incluso que é o contrario, mais eventos, concertos, actividades, pero mais concentrados para estar a altura de todos os públicos (o gusto de todos nunca vai estar, pero intentase). Pero a satisfacción persoal de ver como Mondoñedo ten vida, xente de todas partes, que veñen a disfrutar das nosas festas, os bares cheos, coches pa riba e pa baixo, fan esquecer todo o cansazo e o esforzo realizado por sacar estas festas adiante. Non o dubides, esta semana Mondoñedo móvese ¡Ven e divírtete! Miguel García Fdz. Membro da comisión das San Lucas.