«Poucos poderán dicilo, pero problema económico neste Concello non hai»

Inmaculada Eiroá González
i. eiroá O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

O alcalde asegura que herdou un Concello saneado, no que urxe sacar adiante o polígono

25 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O popular José Manuel Lamela accedeu á alcaldía do Valadouro tras estar bastantes anos como concelleiro, dentro da equipa de goberno do seu antecesor Eulogio Fernández Sampayo. Según se deduce das súas declaracións, a nova responsabilidade non parece que lle plantexara problemas.

-¿Cal é o seu balance?

-A verdade, fago un balance moi positivo; fixéronse moitas cousas, traballouse; grazas á axuda da xente que estivo da Diputación e da Escola Obradoiro, fixéronse moitas cousas.

-¿Valora más o feito de ver traballo rematado?

-Ver traballos rematados e algún que se iniciou e se rematou tamén.

-¿Que dificultades se atopou?

-A verdade é que non tiven dificultades, non podo dicir que tivera dificultades.

-¿A situación económica do Concello tampouco supón ningún problema para gobernar?

-Tampouco, de momento. Non estamos en números roxos, herdamos un concello saneado.

-Pois nestes tempos é case unha excepción.

-Si, poucos poderán decilo, pero nosoutros aquí, problema económico non hai ningún.

-¿Cal é o proxecto máis urxente?

-Sacar adiante os atrancos que hai no polígono industrial; nuns meses quedará o papeleo resolto. Despois o levalo adiante..., se hai empresas ou non, eso xa é outra cousa. Pero os atrancos que había ata agora, pois resólvense agora en poucos meses.

-Tiña vostede moita experiencia como concelleiro, levaba moitos anos na política municipal. ¿Hai moita diferencia ao ser alcalde?

-Bueno, a diferencia é que sendo concelleiro o alcalde era outro e neste caso o responsable eres ti. Máis responsabilidades, si, pero de momento non tiven problema ningún.

primeiros cen días de goberno