«Fomentamos a vida saudable»

s. ordóñez XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

La Voz coopera co Día da Bicicleta que se celebrará mañán en Xove

23 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Cumpre once anos o Día da Bicicleta de Xove, unha cita que na súa anterior edición reuníu a máis de duascentas persoas de diferentes idades. Organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Xove, que preside José Manuel Blanco González, comenzará arredor das cinco da tarde, no Centro Cívico, e rematará pasadas as oito, no mesmo sitio, coa entrega de premios das ginkanas e co sorteo de regalos entre todos os participantes.

-¿Que programaron para os máis pequenos?

-Para os menores de nove anos e para o resto, un paseo polo centro de Xove, pola travesía, polas rúas... Contamos saír ás cinco e recorrer uns dous kilómetros. Voltaremos ao punto de partida, o Centro Cívico, e alí haberá una ginkana para os máis pequenos, ademáis de xogos. Será un concurso, con cinco categorías, nas que os participantes terán que salvar obstáculos e facer probas nun tempo determinado. Ao final, cada un dos cinco campeóns recibirá un trofeo, donados todos eles por La Voz de Galicia. Agardamos que rematen sobre as seis e media, cando merendarán.

-Para os maiores hai un recorrido máis longo, ¿non?

-Certo. Para os maiores e para os menores de nove anos que vaian acompañados por adultos, que terán que responsabilizarse deles porque é un recorrido, ida e volta, duns dazasete kilómetros, entre o Centro Cívico e o faro de Roncadoiro. Sobre as sete da tarde empezarán a chegar e, os que queiran, tamén poderán participar nunha ginkana. E despois dela, merendarán os maiores.

-Anuncian o sorteo de regalos e dunha bicicleta, donada polo Concello de Xove.

-Certo, será ao final, antes das oito da tarde, despois da entrega de trofeos. A bicicleta é o regalo principal, pero tamén temos vales en material deportivo donados por Deportes Élide e outro material donado por Bici Total de Viveiro, entre outros. Con nós tamén cooperan Coca-Cola e Distribuciones Carreiras, entre otras casas comerciais da zona. Ademáis do Concello, apoiannos a Deputación e a Fundación Alcoa.

-Tamén adoitan entregar agasallos a todos os participantes.

-Todos os anos regalamos algo, procurando sempre que garden relación coa seguridade vial. O regalo de mañán é unha sorpresa, creemos que gustará.

-¿Con que intención organiza o Día da Bicicleta de Xove a asociación que preside vostede?

-Queremos fomentar a vida saudable e, ao mesmo tempo, a vida social. Coas actividades que programamos procuramos animar a practicar deportes.

-¿Por que en setembro?

-Celebrámolo este mes porque adoita coincidir co Día Europeo da Mobilidade, donde tamén se fomenta a vida sana ao mesmo tempo que se coida o medio ambiente. Ata que cambiaron a data desa carreira, tamén coincidía coa Vuelta Ciclista a España, pero agora xa non.