Transformar unha igrexa nun centro cultural

La Voz

A MARIÑA

20 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

En novembro do ano pasado a Área de Cultura da Deputación asinou un convenio para converter a igrexa de San Pedro de Alcántara, en Mondoñedo, nun centro cultural. Ao amparo do respectivo convenio, o organismo provincial comprométese a aportar 185.000 euros para financiar as obras de creación dun espazo de aproveitamento cultural: «O obxectivo que se acadará con estas obras será a creación dun espazo de exposición e aproveitamento cultural, educativo e turístico das figuras artísticas máis importantes da historia de Mondoñedo: Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Pascual Veiga, Cunqueiro ou o mestre Pacheco e os mestres de capela», aclarou Antonio Veiga.

A igrexa de San Pedro de Alcántara está desacralizada e é propiedade municipal. Cabe lembrar que este edificio aparece citado en varias publicacións co nome de Teatro da Alcántara.