Isaac Díaz Pardo

La Voz

A MARIÑA

O Concello de Cervo nomea esta tarde ás 18 horas Fillo Adoptivo a Isaac Díaz Pardo. Díaz Pardo foi refundador de Cerámicas de Sargadelos xunto con Luis Seoane, pintor recoñecido, galeguista histórico, é unha personalidade en Galicia. Despois dos últimos acontecementos en Sargadelos, este recoñecemento oficial en Cervo é para el algo especial. Con esta distinción non só gaña Díaz Pardo, tamén o Concello de Cervo, sen dúbida. Noraboa.