«Este Entroido imos ter o Baile de Farrapulgas»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

25 ene 2011 . Actualizado a las 09:35 h.

A Asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas que preside Flor Chao (San Andrés de Boimente-Viveiro, 1946) celebrou asemblea xeral anual o pasado sábado, aprobando un presuposto de 21.200 euros para levar a cabo neste 2011 todas as actividades programadas. Non sería posible sen o traballo da xunta directiva nin a participación dos veciños, como suliñou a presidenta na reunión, que rematou con chocolate e película e unha temperatura exterior de menos tres grados.

?¿Sempre viviu en San Andrés?

?Nacín aquí, pero me fun por traballo a Lugo con 19 anos e a Madrid con 28. Volvín máis tarde a coidar a meus pais. Encandiláronme coa asociación, non pensaba eu nisto. Pero sempre me gustou moito a relación social e fixen ese tipo de colaboración. Dixenme, nesta parroquiña que a quero moito merece todo e máis toda esta xente. Nos animamos. Un gran non fai graneiro, nin palla palleiro, pero entre todas as mulleres traballamos por darlle vida.

?Non é usual que haxa asociacións tan activas.

?Iso din por aí. Aquí a xente está contenta e animada e me gusta que participen todas as mulleres en todas as cousas, que se sintan útiles, apreciadas. Un dos nosos fundamentos básicos é a relación entre os veciños, que a xente volva a aqueles tempos de meu avó, nos que todo o mundo estaba con todo o mundo e se axudaban todos. Pero a mecanización fixo que cada un se aillara máis do resto.

?No 2011 farán o primeiro Baile de Farrapulgas. Curioso.

?Vamos a celebrar o Entroido por primeira vez, pediremos á xente que se vista con farrapiños, que se disfrace, en marzo.

?Outro proxecto novo é «O espello das lembranzas»

?Estamos con el. Foi un traballo que empezamos o ano pasado, xa fixemos a exposición de fotografías antigas dos anos 40 aos 80 e a inauguramos agora. O espello das lembranzas é todo. Agora facemos un álbum con parte escrita, cancións daqueles tempos que cantaban os rapaces e rapazas cando ían ás festas, adiviñanzas, contos... cousas dese tipo, incluindo o nome das persoas que saen nas fotos, onde se fixeron, as casas habitadas naqueles tempos en San Andrés, os alcumes... É algo moi interesante, un recordo importante. A xente de agora, e tamén algúns que non son tan xóvenes, queremos que saiban o que había porque hai xente que non fixo a transmisión os fillos. Outra cousa nova vai ser o concurso de fotografía para adultos. O ano pasado foi agobiante polas obras do Centro Social que abrimos, pero o gordo o temos encauzado, agora é cando empezo a respirar.