El alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia (BNG), dice tener muy presente el peso del comercio en la economía del municipio, de ahí la estrecha relación que mantiene -dice- con la asociación de comerciantes: «Estamos tomando bastantes decisións conxuntamente. Dende que son alcalde hai cousas que se consensúan e imos renovar o convenio que temos con eles para o próximo trienio. De feito, fai pouco que lle cedemos á asociación un local. Estamos falando cousas, por exemplo, coa organización das festas. É un sector co que hai que contar e hai moitas cousas nas que coincidimos, por exemplo na necesidade de facer máis aparcamentos. Pero outra cousa é que teñamos capacidade para facelo, de resolver os problemas, aínda que traballamos sempre para cando menos atenualos».
Respecto a la situación del sector, añade: «Como todos, está obrigado a renovarse constantemente. Aquí a autovía cada día trae a máis xente a Ribadeo. Iso é unha evidencia, non fai falla que o diga eu, pero se non estamos espabilados tamén conleva riscos. Pero non vexo que sexa o caso polo momento».
«Cada vez é mais agradable estar e comprar en Ribadeo. Claro que hai problemas, pero estanse afrontando, penso, con solvencia. Dende logo, si o sector comercial de Ribadeo non está preparado, non digo nada de como estará o de os outros concellos. O comercio de Ribadeo é dinámico, moi potente, proba diso é que hai cadeas comerciais que aínda coa crise quérense e vanse instalar en Ribadeo, que eu entendo que se teñen que complementar co comercio local», concluyó Fernando Suárez.