«Temos que darlle as gracias ás dúas personas da comisión, ogallá sigan moitos anos»

E.?M. A PONTENOVA?/?LA VOZ.

A MARIÑA

O rexedor pontenovés invita a todos, veciños e visitantes, a achegarse á localidade durante a ponte para vivir as festas

09 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

As festas de A Pontenova botan a andar e o alcalde, Darío Campos, anda algo preocupado polo tempo, pero disposto a disfrutar e a que todos, veciños e convidados, gocen destas celebracións.

-¿Como xurdiu a idea de invitar a Miguel Ángel Revilla para ler o pregón las festas da Pontenova deste ano?

-A idea saiu hai un ano. O presidente de Cantabria estivo dando o pregón en Lugo e en Foz e sempre dixo que tiña raíces na Pontenova, como é certo porque polo menos os pais da súa muller son orixinarios dunha parroquia deste municipio, de Conforto. Nós tomámolo como unha indirecta e invitámolo a vir e pregoar a Festa da Troita, no mes de maio, pero por problemas de axenda non puido. Entón propuxémoslle vir polas festas e non houbo ningún problema.

-A diversión está asegurada con este pregoeiro.

-O presidente cántabro é unha persona moi simpática, moi agradable e moi campechana, que fala con todo o mundo. O que si nos preocupa é o tempo, porque a previsión é algo mala.

-Que dúas personas sexan capaces de organizar as festas da Pontenova é case un miragre.

-A verdade é que temos unha comisión..., hai moito que agradecerlles porque levan moitos anos e siguen. E ogallá sigan moitos anos porque se non non sei se se dará formado outra comisión na Pontenova.

-¿Cal é a aportación que fai o Concello para as festas?

-A colaboración do Concello é tanto económica como loxística. Aportamos algo máis de 4.500 euros e axudamos con material, personal e todo o que fai falla.

-A Queima dos Fornos representa un espectáculo único...

-E cada ano estase mellorando. Xa van pola edición número 13 e a empresa, Pirotecnia Reiriz, anunciou que este ano ían traer algunha novidade. Desde que se lle puxo música mellorou moito, está moi ben coordinada coas luces.

-E o Concello monta un dispositivo de seguridade importante na praza.

-Si, está o personal de Protección Civil e tamén hai un dispositivo pola parte de atrás dos fornos por se pasa algo. De momento nunca ocurriu nada importante, nunca houbo problemas.

-¿Por que non nos debemos perder estas festas?

-Primeiro, polo pregoeiro, que é un señor moi atractivo de ver; e despois, pola Queima dos Fornos. O nivel das orquestras tamén é moi bo, veñen algunhas das mellores de Galicia. Pero eu quedariame, sobre todo, coa Queima dos Fornos.

-¿Con que proxectos andan polo Concello da Pontenova?

-Esta semana inauguramos a praza dos Fornos, están as obras do río Eo e a nova ponte, que esperamos que estean rematadas entre finais de 2010 e principios de 2011; estamos coa compra de terreos para construir un centro de día; e tamén cunha subvención, a través do plan de dinamización, para facer un punto de atención infantil. E hai outro proxecto co que tamén estamos ilusionados, a senda verde pola antiga ruta mineira, dende Ribadeo a Os Fornos. Costas xa ten o proxecto case listo e esperamos que despois de 20 anos falando do tema, se faga. Traería moita xente á Pontenova.