«Actuar na praza e con tanto público impresiona»

Yolanda García Ramos
Y. García VIVEIRO |

A MARIÑA

A coral viveirense celebrará mañá, sábado, o seu vixésimo sexto Festival de Corales na praza Maior

13 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Alborada, coral polifónica viveirense que preside Teresa Penabad e dirixe Luis V. Fernández Prieto, con 39 coralistas en plantilla, organiza o XXVI Festival Coral de Música Popular que encherá de boas voces a praza Maior de Viveiro mañá ás 21.00 horas coa anfitrioa e as invitadas Coral Polifónica de Burela, Coral L'Alba de Gijón e Santiaguín de Sama de Langreo.

-Este festival coral é xa un dos clásicos na axenda do verán en Viveiro.

-A Mostra, o Festival do Landro e o fetival coral son fixos. Aínda así, da traballo organizalo. Atopar corais que veñan en agosto é difícil porque están moitas de vacacións. Pero veñen encantadas para a praza, porque o escenario alí é preciosísimo... e acude tantísima xente. Os que veñen queren repetir, porque un escenario así e que haxa tanto público... impresiona. Gústalles.

-Nesta edición, ¿vén algunha coral que repita?

-Repiten todas.

-Inclúen un coro totalmente masculino, ¿non?

-O Santiaguín de Sama é so de homes, de voces graves. Fundouse en 1932, ¡fíxate! Estivo parado dende o 36 ao 46 pola guerra e dende aquela veñen ininterrompidamente cantando. As de Burela e a de Xixón se estrearon no 88 e a de Viveiro no 84. Nós seguimos traballando con novos proxectos. De actuacións pendentes temos en setembro, creo que o 19, invitados pola Federación Coral Gallega (Fecoga), unha en Santiago con motivo do Ano Xacobeo. Xunto con outras corais imos cantar a misa do peregrino, faremos un xantar de irmandade no Monte do Gozo e daremos pola tarde un concerto na praza da Quintana. Xunto coa Banda de Música de Viveiro imos participar o 31 de outubro no bicentenario do naufraxio dos buques Magdalena e Palomo e en maio iremos en León.