Rosalía

La Voz

A MARIÑA

Asociacións culturais da Mariña ofreceron onte en Burela unha homenaxe en memoria de Rosalía de Castro nos 125 anos da súa morte. Houbo recitais e música no parque que leva o nome da escritora a última hora da tarde. Foi unha fermosa iniciativa reivindicar a Rosalía, precursora, pioneira, reivindicativa, tan necesarias voces como a súa aínda hoxendía.