«A tendencia a buscar o natural é necesidade, non unha moda»

A MARIÑA

22 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha nova parafarmacia e herbolario abriu as súas portas dende fai un mes en Foz, axudando a espallar máis na Mariña unha conciencia polo natural da man de Obdulia Paleo (Santa Cilla-Foz, 1967), a súa propietaria.

-¿Que poden atopar os mariñáns?

-Alimentación ecolóxica do bebé como leite de iniciación, papillas, potitos... tamén cosmética ecolóxica, terapéutica para peles con problemas, aceites esenciais para contracturas neurosedantes, reguladores, etc, cremas feitas a base de prantas, sen químicos, conservantes nin parabéns. Tamén hai xeles a base de aloe vera para corpo e xabóns artesanais que fan unhas rapazas de Mondoñedo. Tamén hai zume de arándanos de Taramundi e produtos para a celulite e obesidade, dietéticos para desaiunos e para alérxicos ao glute e á lactosa, un pouco de alimentación integral, infusións e de menciña natural, fitoterapia e litoterapia (a base de oligoelementos) para moitas patoloxías. Tamén para o tabaquismo hai un tratamento bo.

-Esta tendencia ao natural, ¿a ve como moda ou necesidade?

-Máis ben é unha necesidade(...) Son tratamentos que axudan aos convencionais(...) Todos os días estou incorporando produtos porque a xente mos pide. Tamén no centro consulta unha naturópata, iridóloga e homeópata de Alicante, Raquel Fraga Sánchez (consulta luns, mércores e venres) e unha dietista de San Cibrao (consulta luns pola mañá). E temos previsto dar unha serie de charlas en Foz.