«Eu nunca serei yo» é unha das mensaxes dos nenos en prol do galego

La Voz

A MARIÑA

22 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A andaina do colectivo Cambia Galicia pola Mariña rematou o domingo en Mondoñedo. Moitas das mensaxes do mural eran dos cativos: «Eu nunca serei yo», «Móllate coa lingua», «Se non falas galego es un neno lelo» ou «Quérote en galego». E ata unha necrolóxica: «Don Galego faleceu asasinado por nós aos 1.200 anos de idade. Viúvo do latín, era querido por todos os seus veciños. ¿En realidade queres que isto ocorra?».