O Sporting Pontenova venceu ao líder e coouse en postos de ascenso

M.????A.

A MARIÑA

27 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Sporting Pontenova deu un paso moi importante de cara a lograr o ascenso de categoría a Segunda Autonómica, logo da súa vitoria (1-0) ante o Meira, líder do grupo duodécimo.

Os pontenoveses acompañan nestes postos de privilexio ao Candelaria, segundo, que se impuxo (0-3) ao Cazás. Os catro primeiros postos -só ascenden os tres mellores-están moi apertados, xa que só hai tres puntos de diferenza entre o líder e o cuarto clasificado.

O resto de equipos mariñaos colleitaron dous empate e unha vitoria. O triunfo correu a cargo do Ourol, que se deu un festín de goles (6-1) diante do Roupar, mentres que o San Román firmou tablas co Momán (0-0) e o Celta Barreiros co Terras do Miño (1-1).

A vixésimo sétima xornada contará con estes encontros con representación mariñá: Matela-Pontenova, Celta Barreiros-Luis Pimentel e Candelaria-San Román. Descansará este domingo o Ourol.