«O biodiésel é un dos combustibles con futuro»

A MARIÑA

A gasolineira instalada no polígono industrial de Camba é a primeira da comarca que ofrece este tipo de carburante

12 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A nova estación de servizo Camba, situada no polígono industrial do mesmo nome no municipio de Xove, é a primeira na Mariña que ofrece biodiésel. Un dos seus xerentes, Amador García (O Vicedo, 1968), conta os resultados que está tendo este tipo de combustible e a aceptación entre os condutores.

-Só levan unha semana en funcionamento, ¿como está comezando a actividade?

-Ben.

-¿Por que decidiron apostar polo biodiésel?

-Polo medio ambiente e polo prezo. Xa levamos dos anos consumindo este tipo de combustible na frota de camións Transportes Paraísos. Vai ben. O rendemento do produto é o mesmo se o comparamos co gasóleo. Agora está a 0,787 céntimos o biodiésel cen por cen. Pero tamén hai o Bio 30 e Bio 50, mesturado con gasoil, que estamos vendendo para a maioría da xente. Están a 0,829 e 0,817 céntimos respectivamente. Se consume máis o biodiésel a 50%.

-¿E quen o demanda?

-Todo tipo de xente, particulares, atonómos...

-¿É necesario que o coche teña algo en especial?

-Non fai falla ningún tipo de coche especial, so é para vehículos que van a diésel.

-¿Que vantaxes ofrece?

-Contamina moito menos, ten menos emisións e ten outro beneficio, que é bo para o motores, non deixa tantos residuos e aparte engraxa a inxección. Uns o elixen por aportar algo contra o cambio climático e outros polo prezo.

-¿Hai máis estacións na provincia que teñen biodiésel?

-Creo que dúas máis.

-¿Teñen problemas ou non para recibir o combustible?

-Non temos problema porque está funcionando unha fábrica en Begonte e en Asturias hai outra. As plantas de produción están cercanas. O biodiésel faise con aceite de colza, de soia, de palma e con aceites reciclados domésticos.

-¿Que valor lle daría?

-É un dos combustibles novos renovables que ten futuro.