Pezas donadas ao Museo do Mar

La Voz

A MARIÑA

No Museo do Mar de San Cibrao este venres dentro das homenaxes a benefactores tócalle á familia Fra, por unha maqueta de barco do asteleiro exposta alí: «No museo hai varias cousas da familia Fra pero neste caso é un modelo de construción, un medio casco. Non é a típica maqueta, é a maqueta orixinal pola que se realizaba o barco. O traballo de carpintería de ribeira é bonito e laborioso. Fixemos a Pomba que agora está no porto deportivo de Viveiro, que tiña o Concello para barco museo. Segue alí e me da pena porque a quixemos traer. Leva un montón de tempo e non lle fan mantemento. O barco museo de Burela está ben e está coidado e en Viveiro podía ser igual. Lembro que na botadura íamos eu e meu primo dentro dela, tiñamos dez anos... e hoxe podía estar como está o de Burela. O que digo eu é como non o aproveitan porque serían puntos para o concello.

-¿Como ve a cultura mariñeira aquí, na comarca?

-Lugo é coma se non tivera mar, me refiro sobre todo ás administracións. O mar non está tan arraigado coma noutros sitios. Estiven en Francia e a xente ten o seu barco e disfruta toda mañá a familia, sen saír a navegar... Non mo dixeron, eu o vivín. Teñen unha cultura mariñeira distinta. En Noruega empezaron xa no ano 65 coa recuperación de embarcacións tradicionais, mentres que aquí... para empezar agora e a trancas e barrancas.