Antonte pechaba en Vigo o salón Expogalaecia, no que estivo A Mariña e con stand propio o Concello de Burela, con nova imaxe corporativa, que xa fora estreado na feira FIMO celebrada en Ferrol.
-¿Que tal a experiencia en Vigo?
-Expogalaecia estivo na liña da edición anterior. É unha feira importante, con cerca de 50.000 visitantes. É importante polo seu posicionamento, predominan os expositores portuxeses e os de ámbito internacional, aparte do autonómico... É unha feira importante e que se celebrou nas expectativas que se esperaban a nivel de expositores e visitantes.
-Ademais de turismo tamén se dedicaba a gastronomía...
-O Concello de Burela tamén vai ao salón que é exclusivamente turístico, a Expourense... O noso stand tivo unha aceptación importante, como en Ferrol, onde o inauguramos, no que se representa a vinculación de Burela co mar e nunha pantalla de 42 polgadas imaxes e comentarios sobre o noso interese gastronómico, cultural, etc... Este ano tamén Burela está na Asociación de Desenvolvemento Turístico da Mariña. Burela debe avanzar de modo decidido no turismo.
-A próxima feira será Fitur.
-Si, en xaneiro. O traballo que temos programado en turismo é amplo, leva tempo. vamos pola terceira edición do folleto turístico, creamos o stand e agora estamos traballando na creación dun deuvedé, que quizais o presentaremos en Fitur.