Foi andar e parar de chover

La Voz FOZ |

A MARIÑA

Foz acolleu onte o Correlingua 2008 no que participaron arredor de 1.100 estudantes mariñáns

09 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Aproximadamente 1.100 rapaces fixeron onte do Correlingua 2008 un acto de homenaxe á fala galega. A Mariña foi unha das comarcas nas que o lema deste ano, «En galego cabe todo», se fixo oír. A xornada, organizada un ano máis pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística, rematou xusto cando comezaba a choiva. O concerto do grupo gañador do concurso A polo ghit do Correlingua, Sínefres de Boiro, chamou a atención pola súa calidade, ao tempo que promocionou a lingua galega a través da música. Tamén actuaron Touriñán e Marcos.

Para a carreira alumnos do IES de Foz fixeron un tríptico para dar a coñecer o entorno polo que pasaba o roteiro. Dores Fernández adiantou que no 2009 tocaralle a San Cibrao.