«Case todas as artes descansan no debuxo, que é fundamental»

A MARIÑA

Este rapaz é ebanista dende hai nove anos e así explica como chegou á profesión que hoxe desempeña: «Me formei en Coruña onde fixen o ciclo superior de produción de madeira e moble. Estiven traballando e logo me fun á Escola de Artes e Oficios de Lugo, onde fixen outro ciclo superior de artes aplicadas á madeira. Alí tiña unha asignatura de coiro, a través da cal me metín tamén nese mundillo. O teño como un pasamento».

-Pero... ¿se tivera que escoller?

-A madeira é mais vocacional. O coiro é unha afección. Foi tamén unha escusa para forzarme a facer cousas distintas. Así desconecto.

-Da clases de coiro en Ourol.

-Teño trece alumnos. Hai algúns novos, pero a maioría xa estivo noutro curso comigo de marzo a agosto. Foi tamén por probar a ver que tal me desenvolvía coa xente, algo fortuíto. Lles ofrecín en Ourol un curso de coiro e outro de policromía pero este era máis complicado para levalo a cabo. Estou moi contento cos meus alumnos. Estou aprendendo moitas cousas novas e repasando o que xa sabía.

-¿Cal é a fase máis complicada á hora de traballar o coiro?

-O patronaxe para facer as pezas. Todo deseño parte dun patronaxe. Case todas as artes descansan todas no debuxo, que é fundamental para todo.

-¿Como traballa cos seus alumnos no curso de Ourol?

-Eu me propuxen que todo o mundo fixera o que quixera. Escolleron o que querían facer con total liberdade.