«A política non é cuestión de maxia, senón de traballo»

A MARIÑA

25 jul 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

BURELA | Burela ten un alcalde mago, e non porque sexa un especial malabarista da política ou a xestión pública, que aínda o ten que demostrar, senón porque desde cativo lle tirou iso de facer que aparezan e desaparezan cousas nun plis plás, a maxia que escandila a grandes e cativos. Tardes de compartir estudio e trucos co Mago Antón, ten a súas vantaxes, e como Llano di, «despois da mili, Antón optou por facerse mago profesional e eu por facerme profesor». Mañá abandona por un ratiño o despacho da alcaldía de Burela para facer os seus trucos máxicos na festa que os voluntarios de Alcoa fan en colaboración co centro da terceira idade de Foz. -Manda truco, para Burela ter un alcalde mago pode ser unha bicoca. -¿Que é máis doado, gustar ao público ou ós cidadáns? -Se puidera usar a variña máxica, ¿que faría por Burela? -Non se compromete moito, nótase que está aterrizando, pero dígame, ¿de onde lle ven esta afición á maxia? -¿Vai facer moitos trucos mañá para os avós de Foz?