En directo | Homenaxe a María Mariño Toda A Mariña celebrou o Día das Letras Galegas con actividades culturais e lúdicas. Na cidade do Landro celebraron unha pequena feira do libro en galego
17 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.? Coral Polifónica Alborada e o Grupo de Improvisación do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro puxeron música á festa das Letras Galegas. O bo tempo animou a moita xente a achegarse á praza da Fontenova, onde se concentraron os actos conmemorativos. Houbo música e letras, coa pequena feira do libro en galego na que participaron as librerías Neira Brochs e Porta da Vila. Foi unha mañá moi animada no casco vello. A maioría das localidades mariñás sumáronse ás homenaxes a María Mariño, a quen se adicou este ano o Día das Letras Galegas. En O Valadouro decantáronse polo teatro, coa representación da obra Escoitando as cores , do grupo Adala, de Fazouro. En San Cosme de Barreiros tiñan previsto celebrar xogos para nenos e adultos, elaborados con material de reciclaxe. Airiños do Xunco, Os Aventados e o Concello de Cervo promoveron un recital, no auditorio de Sargadelos. E en Mondoñedo programaron música, coa escola municipal O Pallarego. Certames literarios O concurso de Cervo por mor das Letras Galegas xa ten gañadores. Na categoría D foron Lorena Barrera e Elisa Rodríguez; na C, Daniel Monferrer; na B, Lucía Barrera; e na A, Rafael Laso (primeiro), Alba Cid (segundo) e Rocío Leira (terceiro). O prazo para entregar as obras para o concurso de poesía en galego promovido polo Telecentro de Ribadeo seguirá aberto ata o 31 de maio. Informan no teléfono 982?120?732. Máis propostas E aínda quedan propostas para os vindeiros días. A Banda de Música de Ribadeo dará un concerto mañá, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. É unha cita tradicional da banda, que inclúe no seu repertorio pezas compostas por autores galegos como Xoán Montes ou Andrés Gaos. E o Concello de Barreiros programa unha reprsentación teatral para o domingo, día 20. O grupo Alentía representará a obra cómica Fábulas , apta para todos os públicos. Será no centro social de San Cosme, ás 19.30 horas.