O IES Illa de Sarón é un centro comprometido co medio ambiente

La Voz XOVE

A MARIÑA

O centro potencia as actividades extraescolares para acadar unha formación integral

10 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A continuación sinálanse as actividades extraescolares máis significativas que se desenrolan no IES Illa de Sarón de Xove. Hai un programa moii ambicioso para todo o ano. Drogas y VIH-SIDA Campaña anual organizada en colaboración coa Unidade Asistencial de drogodependencias de Burela (Lugo) que pretende previr a aparición de problemas relacionados co consumo de substancias estupefacientes e a prevención do VIH-SIDA. Charlas e debates Esta actividade enfócase dende dous puntos de vista complementarios entre si: Programación puntual en función das necesidades e posibilidades que se nos presentan ao longo do curso, tendo en conta os acontecementos que nos depara a actualidade e partindo da idea de que a educación debe ser algo dinámico que debe manterse atento ao que pasa a noso arredor. E programación anual en función de intereses comúns e de temáticas máis xerais: orientación académica e profesional, sexualidade, música, deporte, medio ambiente e ecoloxía... Do mesmo xeito, esta actividade non só se dirixe ao alumnado senón que ao longo do curso tamén se programan charlas dirixidas a pais e nais e profesorado. Teatro e música Co fin de facilitarlles a todos os nosos alumnos-as a oportunidade de achegarse ao feito teatral e musical iniciouse hai varios anos unha experiencia, en colaboración co Concello de Xove e co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que consiste en programar varias obras de teatro e musica profesional en horario escolar ás que asisten todos os alumnos-as do centro. O éxito alcanzado por esta iniciativa levounos a continuala e complementala cun traballo previo de aula que lle permita ao alumnado un maior aproveitamento da actividade. Viajes de estudios Diferenciamos dous tipos de viaxes baseándonos na súa duración:Viaxes dun só día, nas que se realizan visitas a lugares de interese próximos á localidade. E viaxes de varios días, xa sexa organizados polo propio centro ou en colaboración con distintas administracións educativas do Estado. Actividades na natureza A Semana Branca. Actividades relacionadas cos deportes de inverno, especialmente un curso de iniciación ao esquí no que participan todos os alumnos-as e que xeralmente se desenvolve na estación invernal de Pal-Arinsal en Andorra. Semana verde. Actividades en contacto co medio natural: sendeirismo, rafting, rappel, barranquismo, BTT... Semana azul. Actividades acuáticas: vela, piragüismo ou wind surf. Estas prácticas vanse alternando anualmente de forma que todos os alumnos pasen polas tres experiencias ao longo da etapa educativa. Programas europeos Mediante a participación no programa da Unión Europea Leonardo da Vinci II varios alumnos-as do Ciclo superior de Administración de Sistemas informáticos realizan o seu período de prácticas en distintos países da Unión (Noruega, Italia;...). Consideramos esta opción de sumo interese para a súa formación, xa que ao tempo que se familiarizan con ámbitos laborais diferentes, contribúe a mellorar o seu dominio doutros idiomas, o que lles pode facilitar a súa entrada no mundo laboral. Intercambios lingüísticos O Departamento de Lingua Francesa vén organizando de alumnos-as do noso Centro con alumnos-as dun instituto da nos últimos cursos intercambios de alumnos do noso centro con alumnos dun instituto da cidade francesa de Poussan Fiestas populares Ao longo do curso, e coincidindo con datas sinaladas, celébranse actos para conmemorar determinadas festas propias da nosa cultura (Magosto, Nadal, Carnaval, ...) e dun modo un tanto especial aquelas relacionadas co mundo da literatura e a lingua propia de Galicia (Semana das Letras Galegas). En todos estes casos séguese un esquema similar consistente na organización de exposicións, conferencias, concursos,... Paralelamente inténtase integrar contidos referentes a estas datas simbólicas nos programas dos departamentos didácticos.