«En breve botará a andar a escola de vela»

La Voz

A MARIÑA

A oferta deportiva do municipio viveirense verase mellorada en breve coa posta en marcha dunha nova escola municipal, segundo anunciou Goás Basanta. «En breve botará a andar a escola municipal de vela, dirixida a rapaces de entre 8 e 14 anos. Xa conseguimos os permisos da Consellería de Cultura e Deporte e da Dirección Xeral de Xuventude para poder utilizar os barcos do albergue, e nesta primeira etapa organizaranse cursos para que os nenos adquiran os coñecementos mínimos. O Casino de Viveiro tamén vai colaborar», apuntou o edil viveirense.