FORO PÚBLICO
17 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.DE NOVO estamos preto dunhas eleccións municipais e en Viveiro seguimos sen ter entre os partidos que optan á alcaldía ao Partido Socialista. E digo isto sen ter nada en contra do señor Melchor Roel e da xente que o acompaña na actualidade (agradaríame que fose de novo alcalde e que seguise deixando de novo ao PP na oposición, pero dende outro partido, mesmo no que antes militaba), pero dame pena ver como foron eliminando á xente que durante tantos anos defendeu e representou en Viveiro ao PSOE. Agora xa non queda naide desa xente no PSOE viveirense e só vemos uns novos militantes que descubriron que son socialistas ao rondar os cincuenta anos. Entendo que non se pode pasar a arrasalo todo de súpeto, pois se non hai raíces logo non quedará nada, iso é así en todo, pero a culpa de todo isto, na miña opinión, está na dirección dos propios partidos. Gustaríame ver de novo un partido socialista en Viveiro; claro que rexuvenecido e remodelado, porque hai que adaptarse aos tempos e aos cambios, pero sen romper co pasado de xentes que só defenderon sempre ao PSOE, e que o fixeron ademáis durante moitos anos, por ideoloxía.