DEPORTE DE BASE
20 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.?iríxome ós medios para dar conta da pasividade municipal no Concello de Viveiro con respecto ó acondicionamento do campo de fútbol 7, anexo ó campo municipal. Logo de tres anos as promesas non son máis que eso. Os xogadores, perto de 200 rapaces, desprázanse desde municipios veciños e do propio municipio de Viveiro e por non ter, non teñen onde cambiarse. Prometeron casetas e campo de herba artificial, mentira. A xuventude importa? Pregúntome eu? Moito premio de noites alternativas e polas tardes non se pode practicar deporte, e nin os vestiarios deixan para ducharse ou cambiarse; de inverno todos mollados había que regresar á casa, en fin, só pedimos que se nos escoite. A asociación Cacharela, de Covas, organiza o campeonato desde hai tres anos, pero o campeonato leva disputándose 6 ou 7 anos, para que se nos ignore agora á xuventude e non poñan un campo terceiro mundista e mal acondicionado que coas choivas dun día, xa era unha piscina este sábado. Por iso case xa no mes de decembro, a liga segue suspendida e sen visos de inicio, por iso pido unha divulgación da noticia se, claro, a prensa é obxectiva e publica o que pasa realmente ou responde a presións doutro tipo, que dicían que había noutros tempos; agora é evidente que si. Un saúdo. Un amante do deporte, como sinónimo de vida sana. Fdo. O. F.