Servizos postos a disposición da comunidade educativa

La Voz

A MARIÑA

O centro conta con dúas liñas de transporte escolar que permiten unir o centro con tódalas parroquias do concello. Así mesmo ofrece servizo de comedor o que optan tódolos alumnos de Educación Infantil e Primaria. Preocupados polos hábitos alimenticios e de higiene parellos a eles, os menus elabóranse pensando en ofrecer unha dieta equilibrada e polo tanto variada. Tódolos alumnos que disfrutan deste servizo aprenden a coidar da súa hixiene antes e despois das comidas. Pola mesma razón os profesores ofrecenlles ós nenos máis pequenos, na hora do recreo, froita e productos lacteos para ensinarlles a acadar canto antes uns bos hábitos alimenticios. Nesta mesma liña dende hai uns cursos, xurdiu a idea de sustitui-las tradicionais lambetadas, para a celebración dos cumpreanos, por outros productos menos nocivos para a saúde bucodental.