«No porto de San Cibrao tiñan que poder atracar trasatlánticos»

La Voz M. G. | VIVEIRO

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Entrevista | Suso Martínez López Suso Martínez ten claro que A Mariña debe ter máis en conta a potencialidade do turismo angloxasón e os grupos

13 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Suso Martínez, natural de Viveiro, e responsable da axencia Guías de Galicia, solta de súpeto que A Mariña debe abrirse á entrada de grandes transatlánticos, que cunha soa viaxe ao ano, descargan máis de dous mil pasaxeiros e todo o que leva consigo: guías, excursións, autobuses, comercio, restauración. «Debían poder atracar non porto de San Cibrao, que é ou único que ten calado para estes grandes barcos», sinala. ? - ¿Como se meteu nisto do turismo? - Son técnico de turismo. ofrecemos un servizo de guías turísticos oficiais en Galicia, unha figura que antes era practicamente inexistente, un sector que está aínda en fase de profesionalización. -¿Qué tipo de traballo realizan? - Facemos o servizo que dá poder adquisitivo, principalmente aos anglosaxóns que se moven en transatlánticos en Vigo e Ferrol. Que poideran atracar estes barcos en San Cibrao sería o xeito de que tivese A Mariña un desenvolvemento importante. Nós vendemos varios itinerarios, Coruña-Santiago-As Mariñas, e en Vigo, Valenza-santiago-ruta do viño. A Mariña queda demasiado lonxe. precisamente un dos hándicaps que hai son as comunicacións. A climatoloxía tan especial hai que saber vendela. ? -¿Por onde se debe traballar na Mariña ? -O turismo de Viveiro e toda A Mariña tradicionalmente é familiar e español. Empeza a incrementarse a presenza de anglosaxóns, un cliente fundamental que necesita que lle traduza a paisaxe. Tamén o turismo de excursión, que a comarca debe centrarse en él a medio prazo, con infraestrutura hostaleira de máis de cen prazas. No caso de Viveiro, ten patrimonio natural e tamén histórico e artístico, e unha das panorámicas máis bonitas de Galicia en autobús. s eis o siete a y