Baleirado de servizos

JOSÉ MANUEL BALSEIRO OROL

A MARIÑA

FORO PÚBLICO | O |

30 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

ENGROSANDO a longa lista de servizos que se están deixando de ofrecer na Mariña desde a chegada ao poder do novo goberno PSG-BNG, entre os que incluímos, o desmantelamento do servizo comarcal aduaneiro, a centralización en Lugo de parte das vistas do Penal que se celebraban nos xulgados de Mondoñedo e Viveiro, a merma prevista de varios servizos na delegación comarcal de Facenda agora, a maiores, temos que falar da supresión do servizo de autopsias que se viña realizando no Hospital Comarcal da Costa. Se un acontecemento luctuoso como a perda dun ser querido supón un duro transo para a familia, non deberiamos permitir que a Xunta de Galicia obríguelles, ademais, a soportar esperas de ata 18 horas provocadas polo traslado do cadáver a Lugo para ser sometido aos devanditos exames forenses, tal e como aconteceu, en varios casos recentes, cun veciño de Cervo, e un accidente en Ribadeo, sobre todo porque a non realización dos mesmos, na nosa bisbarra, simplemente obedece á falta de vontade dun goberno autonómico que parece obsesionado en baleirar servizos esenciais para os mariñanos. Neste sentido, como representante dos veciños da Mariña na Cámara autonómica, presentei unha batería de medidas parlamentarias na procura dunha recuperación asistencial básica que garanta unha administración máis preta do cidadán, comezando, en conclusión, porque as autopsias volvan a realizarse na Mariña como sempre se fixo e como socialistas e nacionalistas parecen empeñados en impedir. José Manuel Balseiro é deputado do PP en Galicia .