GUERREIRO (BNG)
01 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.«Non é certo, como afirman os agoreiros do PP -xa o fixeron en xuño de 2003, cando o cambio de goberno-, que se vaia paralizar economicamente o Concello de Viveiro. A decisión da Xunta é unha boa nova para Viveiro, para os defensores dun urbanismo sostíbel e para os defensores da legalidade e do interese público, e tan só é unha moi mala noticia para o anterior alcalde, noutrora promotor urbanístico, e para aqueles que só buscan o beneficio rápido cos tinglados inmobiliarios». «O PP de Viveiro, e moi especialmente o anterior alcalde, son os menos indicados para falar de respeto polo urbanismo sostíbel e para saír agora en defensa do medio ambiente. Os recheos da ría, a casa de Santa María, as naves industriais tapando casas de indianos, a vergoña do pazo dos Leóns, a árbore centenaria da Misericordia, o affaire Lodeiro... De todo isto e máis son responsábeis os que en vinte anos non moveron un dedo para aprobar un Pxom, que agora piden cada dous por tres. (...) Practican unha política de terra queimada que en nada beneficia aos intereses veciñais que din que defenden».