Entrevista | García Rivera Os focenses, xunto cos chairegos, disporán en pouco tempo desta «autoestrada» que lles permitirá navegar pola Rede con máis velocidade
15 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.? banda ancha ven a ser ós internautas o que unha autoestrada é ós automobilistas. Permitiralles ós usuarios da Rede navegar a maior velocidade da que lle permiten as canles habituais. Deste xeito, o correo electrónico, as consultas, calquera transmisión de datos se efectuará máis rápido e con mellor calidade. -¿Cómo está a situación? -A empresa Distecable de Xixón fixo o proxecto e o Ministerio de Traballo vaille adxudicar os traballos a algunha das operadoras que funcionan no mercado. Todo esto é para instalar banda ancha na Terra Chá e en Foz, pensaron que era oportuno empezar con este proxecto en un Concello de interior e nun de A Mariña. A Xunta tamén anunciou a súa intención de poñer esto nos demais concellos, nós adiantarémonos un pouco. -¿Hai prazos e cantidades? -Á volta do verán poderíanse empezar as obras, que en Foz abarcarán todo o concello; os 5.385 habitantes da vila e os das parroquias, incluíndo o polígono industrial, no que é moi necesario este servizo, porque agora algunhas empresas tíñano contratado con Telefónica, pero logo será para todos, non terán máis que engancharse. -¿Qué influíu para que se instale en Foz? -Penso que o plantexalo de forma repetida ó Ministerio de Industria. Foz é atractivo como municipio turístico e está tamén a puxanza dos empresarios, para os que esta tecnoloxía é unha ferramenta importantísima. Sin ela están coxos para traballar.