FORO PÚBLICO | O |
26 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.O PERSOAL docente e non docente, abaixo asinantes, do IES O Perdouro, ante a noticia aparecida na prensa o día 20 de xaneiro, na que se esixía á Consellería o cese do cargo da directora deste instituco, queren manifestar a súa desconformidade cos datos expostos pola CIG non se axustan á realidade. A denuncia realizada pola Inspección de Traballo está en suspenso, en espera da resolución do procedemento que se sigue no xulgado. A querela presentada polo Ministerio Fiscal foi sobresido por un auto do Xulgado de Instrucción nº 2 de Viveiro, sendo recorrido polo Ministerio Fiscal e está pendente de resolución o recurso de apelación diante da Audiencia Provincial. Non é certo que todos os imputados, que non é só a directora do centro, sexan defendidos por unha letrada da Xunta, xa que teñen contratada unha defensa privada, aínda que en cualquiera caso terían dereito a ser representados polos servicios xurídicos da Consellería. Polo que pedimos á CIG que deixe de levar a cabo actuacións que prexudican gravemente a imaxe do Centro e da súa directora, Ana Robles, que, ao noso entender, está realizando unha labor honesta, eficaz e de dedicación plena que se demostra a través das múltiples actividades que se desenvolven, dos resultados que os alumnos logran, e de todas as melloras feitas no centro nestes anos. 34 firmas de personal docente e non docente do Perdouro.