A TRIBUNA | O |
25 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.A estrada do Cruceiro sempre foi perigosa. Ata non fai moito, os accidentes eran esporádicos e graves. Dende fai uns meses, repítense cada día, pero a maioría quédanse en grandes sustos. Ninguén atina a comprender os motivos do brutal aumento dunha siniestralidade que non consta nos papeis. Ninguén comprende como non se lle busca remedio. Mentres agardamos e clamamos por unha solución, cada día que pasamos por ese vial xogamos á ruleta rusa. E temos medo porque calquera día as vítimas podemos ser nós, os nosos familiares, os nosos compañeiros...