DENDE AQUÍ | O |

23 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

DENDE AQUÍ, dende este recanto de páxina, cantos facemos La Voz de Galicia en A Mariña queremos desexarlles en especial aos nosos lectores unhas boas festas neste Nadal na compaña dos seus e un fecundo aninovo. Que veña con azos, saúde e ánimo. Dende esta edición diaria queremos enviar o noso mellor desexo a todos os veciños e veciñas de A Mariña, que se cumpran os seus proxectos e os proxectos comúns, de todos, que faremos nosos dende estas páxinas para abandeirar a modernidade: mellores servizos e calidade de vida. Que, sen dúbida, merecemos.