FORO PÚBLICO
09 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.SR. ALCALDE, ante todo e como é costume da nosa asociación, agradecer todo aquelo que redunda no desenrolo da nosa actividade, que por suposto non é outra diferente á da dinamización dunha parte do comercio (a máis significativa do Concello de Viveiro), a cal reporta unha alta porcentaxe dos ingresos económicos do mesmo. Non obstante, quixeramos aclarar varios puntos, tanto a vostede, aos nosos socios e ás persoas que poidan ter algunha dúbida. En primeiro lugar, aclararlle que cando se conceviu a idea da instalación dun belén xigante no entorno de Santa María, foi unha iniciativa exclusivamente do CCCH de Viveiro e da empresa diseñadora e montadora do mesmo, e ao acordo económico ao que chegamos as dúas partes, foi o pago de 6.000 euros, información da que ten conta na copia da memoria de actividades que se lle entregou ao Concello de Viveiro. O segundo ano (Nadal 2004-2005), tras outra entrevista coa empresa montadora, chegamos ao mesmo acordo do ano anterior, é dicir, ao pago de outros 6.000 euros pola mesma actividade (xuntamos copia da factura pagada). Tamén hai que dicir que sempre se contou coa colaboración do persoal de obras e o de Protección Civil para a vixiancia, por suposto por indicación súa. O que non acabamos de entender son as súas declaracións en prensa, en donde manifesta que o Concello sufraga o 75% do mesmo. ¿Acaso a empresa montadora cobrou 18.000 euros a maiores dos 6.000 que pactara con nós o primeiro ano? ¿Acaso volveron a cobrar outros 18.000 euros a maiores dos outros 6.000 que pagamos o segundo ano? Sr. Alcalde, moitas gracias pola súa colaboración, pero cremos que a xente e máis os nosos socios deben de ter as cousas claras, coma vostede predicou dende un principio. Por outro lado e seguindo co noso agradecemento, consideramos 'moi importante' que a instalación do alumeado corra a cargo do Concello, máis aínda cando ata hai dous anos correra a cargo do comercio, o cal consideramos inxusto, xa que nos cremos merecedores de tan importante colaboración. Non obstante, tiñamos o seu compromiso, en presencia do noso concelleiro de Comercio, para que a inauguración fose o día 3 do presente mes, para o cal quedaramos en facer un magosto popular coa contratación de charangas, etcétera. E pola súa parte veuse incumprido dito acordo, sen que ata a data recibiramos ningunha xustificación nin disculpa que procedera. Esperamos que a promesa de montar unha gran carpa cun escenario interior non se vexa igualmente incumprida, pois a magnitude e o custo das actividades contratadas así nolo esixen, e prescindir delas levarianos a un gravamen económico importante para a nosa asociación. Sr. Alcalde, en ningún momento queremos incomodarlle, simplemente recordarlle que o seu talante é o de potenciar o asociacionismo e ao noso modo de ver, todas e cada unha das asociacións somos importantes, polo que esperamos que non nos menosprecie en ningún momento, xa que sabe que somos un colectivo unido e sabemos ser agradecidos. Xunta directiva do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro.