O esplendor e a gran modernización

La Voz

A MARIÑA

21 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

As décadas dos 80 e 90, pese ao pasamento de Vicente Gómez Tito (1986), son de gran esplendor musical tanto en Asturias como na Mariña e Galicia, recibindo Variedades diversos homenaxes en terras asturianas e galegas pola súa profesionalidade e bo facer musical. Proba disto foi a súa participación como acompañamento musical, en directo, con artistas da talla de Francisco, Camilo Sexto, Juan Pardo, Julio Iglesias, Raphael... e o mesmísimo Antonio Machín, cando viñera de xira ao Teatro Moderno, na década dos 50 e 60. Ademáis a Variedades foi a orquestra titular durante longos anos deo Festival da Canción do Landro, da sala de fiestas Cociña, do Casino de Viveiro e da sala Villablanca de Luarca, entre outras. A partir do ano 2003, produciuse a gran modernización da orquestra, retirándose a gran xeneración cos tres primeiros espadas: Cardís , Mario e o Carolino ; perdéndose en certa maneira o ámbito familiar para pasar a un maior cosmopolitismo musical e xeográfico, incorporando un escenario móvil, con 42.000 watios de son J. B. L., luz e iluminación, actualizando o repertorio de baile e interpretando mesmo música rock.. Mais Vaiedades vai rememorar a tradición de cantar na misa, con voces e con órgano, como farán hoxe, ás 8 do serán, na igrexa de Santa maría do campo, con motivo da efeméride de Santa Cilla. Variedades está integrada actualmente por Mirka Céspedes e ramón Ferro, cantantes; Luis Blasco, batería; Óscar Gómez, baixo; Israel, piano; Lino Rico, acordeón e teclados; Pablo García, guitarra; Luis Vázquez, trombón; Manuel Paz, trompeta; Francisco Seoane, trompeta; Mario Paz Gómez, saxo alto; Carlos Pernas, tenor e clarinete; e Ricardo Gómez Chao, técnico de son.