FORO PÚBLICO | O |
03 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.A PEÑA «Colectivo Chilindrín» fai un chamamento, ante a proximidade do derbi da Mariña, entre o Puerto Celeiro-Viveiro e o Burela-Pescados Rubén, ás peñas «A Pataca Naranxa» e «Palestina Radical», así como ós demais afeccionados ao fútbol sala que acudan ao pavillón: -A que entre todos convirtamos o derbi nunha festa do fútbol sala da Mariña, na que prime o respeto e a convivencia pacífica de ámbalas dúas afeccións, e que as nosas diferenzas se reflexen en cánticos, colorido e espectáculo na grada e na pista. Dende o «Colectivo Chilindrín» rexeitamos de forma unánime calquera tipo de violencia, e garantimos dende a xunta directiva que por la nosa parte vai primar o respeto hacia tódolos afeccionados do Burela, agardando disfrutar dun gran espectáculo no pavillón de Viveiro. Por un derbi sen violencia. Por un fútbol sala sen violencia. Colectivo Chilindrín.