En directo | Xosé María García Rivera O munícipe de Foz está moi satisfeito coa afluencia de turistas e rematado agosto pensa agora no futuro: «Nós xa tomamos boa nota, o ano próximo necesitamos máis servicios»
06 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Foz foi unha das localidades que rexistrou cheo en xullo e agosto e a satisfacción no goberno municipal non se oculta por iso. Xosé María García Rivera, o alcalde socialista, o constataba: «Creo que foi o ano da historia con máis visitantes; xa se veu un repunte considerable na segunda quincena de xuño; penso que foi en toda a comarca; cando se ve que houbo que mandar xente a dormir fóra da Mariña hai que pensar que o ano próximo vai haber aínda máis incremento; o tempo foi espléndido. -Pero necesitan máis servicios. -Temos que pensar no futuro en adecuar os servicios existentes; temos que ampliar o servicio de augas, salvamento e socorrismo, limpeza e outros, para dar calidade e que non se vexan saturados. -Pola oficina de turismo pasaron este vrao 16.275 personas. ¿Cál é o tirón de Foz? -A sua situación privilexiada. Aquí vai desembocar a autovía do Cantábrico, temos praias, un Concello tranquilo que ten moito para onde medrar e aproveita os seus recursos; temos turismo rural, estamos incentivando ós veciños para que recuperen esas casiñas e as oferten para alugar, peo esas vivendas teñen que ter o cen por cen de condicións; antes de poñelas en Internet iremos visitalas para comprobar que ofrecen garantías totales. Decidimos traballar moito polo turismo, pero hai que concienciarse e cuidalo, facer as cousas ben, aproveitar eses recursos humanos que temos; os profesionais da escola de hostelería non debían marchar fóra, debían quedar aquí para dar esa oferta de calidade necesaria nos servicios; non se fai por non pagar un pouco máis e estase perdendo unha oportuinidade de ouro precindindo deste personal cualificado. -¿Proxectos? -O primeiro, decir que á cifra de visitantes que tivemos no vrao hai que sumar os que esperamos este mes; por exemplo, unha excursión de 220 veciños de Mieres que contactaron vía cronista oficial e van ter unha xuntanza no Concello este xoves ás doce. E logo, posiblemente o día 17, recibiremos a outros de Vilagarcía, son máis de 200. Estamos preparando o programa de actos e seguiremos traballando para potenciar o turismo. Queremos facer paquetes con turoperadores para traer xente fóra do vrao, necesitamos 5.000 trípticos promocionando a oferta de fóra de temporada; neses trípticos diremos que Foz ten iodo, paseos marítimos, monumentos, gastronomía, pesca no río e no mar, a ruta Pardo de Cela....Hai que poñer en valor eses recursos».