En directo | Balbino Pérez Vacas O munícipe ribadense está a pé de obra, literalmente falando. Diante do socavón subterráneo que obrigou a cortar a Avenida de Galicia, afirma que o prioritario é preservar a seguridade
21 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.O alcalde socialista resposta, de xeito rotundo, ás críticas que facían estes días membros do PP ribadense sobre a suposta falta de vixianza que hai nas obras:«As obras están vixiadas como teñen que estar», asegurou Pérez Vacas, explicando que tanto na obra situada a carón da Avenida Galicia como na que se está facer detrais do Cine Teatro, onde se derrubou parte da acera, coinciden varias circunstancias: son dúas obras que levan dous sótanos, teñen profundidades enormes e nos dous casos o mal tempo condicionou os traballos xa que se trata de zonas muy húmedas. Pérez Vacas recorda que non son casos únicos e que xa houbo precedentes nos últimos anos a pesar de que trataba de edificacións de menos envergadura e con un só sótano. No caso do edificio que se vai facer na Avenida Galicia, explica que o constructor, cando solicitou licencia, xunto co proxecto presentou, cousa que non é preceptiva, un informe xeolóxico da empresa que agora mesmo está traballando para dar solucións ó problema, Seinco. Ademáis, recorda o munícipe que o arquitecto municipal leva vixiando esta obra dende primeiros de semana, debido a que por informes da dirección de obra se tiña a sensación de que había inestabilidade no terreno. A estas alturas, o alcalde fala da fatalidade e da auga que, ó parecer, ocasionou xunto coa obra en si, o problema: «Mala sorte polo que pasou, pero sorte que non se produciu mentras tivo aberta ó tráfico a calle», reflexionaba ontes o alcalde, asegurando que agora «o prioritario é preservar a seguridade dos cidadás e restaurar as obras». O rexidor non adianta datas sobre cando poderá estar restablecido o tráfico por esa arteria ribadense. Menciona que poderían tardarse duas ou tres semanas, pero trátase de conxeturas, xa que non se sabe con seguridade a data, ainda que confía en que se comece a traballar hoxe mesmo. E mentras o concelleiro de Tráfico perfilaba o plan alternativo que se vai por en marcha, tralo corte da Avenida Galicia, Pérez Vacas advertía, ante a decisión de desviar os camións de gran tonelaxe por Asturias, que «non vamos deixar estropear calles que non resistan o peso de certo tonelaxe, como si teñen que ir por Vegadeo». Con iso referíase, sobre todo, ós vehículos que levan caolín e pasta de papel para o muelle de Mirasol, donde agardan dous barcos para cargar esta semana. Agárdanse pois días complicados para o tráfico en Ribadeo, onde, según o alcalde, están todos de garda permanente: Grumir, Policía local e empresa.