?iguel Vilas desfrutou con este libro e nótase ao falar con el. Aporta finalmente tres datos ou curiosidades. Primeiro. O médico forense do Xulgado de Mondoñedo era, naquel tempo, Leiras Pulpeiro, nen máis nen menos. Foi quen lle fixo a autopsia ós mortos e, é de supoñer, ó executado. Segundo. A portada do libro é a foto dos seis asesinos. Unha foto de hai 115 anos. ¿Como obtivo esta foto? Cóntao: estaba na biblioteca de Mondoñedo; achegouse un rapaz e ó saber da súa investigación, díxolle que non estaría mal unha foto dos asesinos. Algo que parecía, por suposto, imposible. Pois ese rapaz volveu onda el coa foto. Con esa foto. Ese rapaz é Andrés García Doural. Terceiro. As circunstancias históricas. No 1888, cando aconteceu o brutal crime, era tamén portada na Voz de Galicia o 22 de novembro de 1888 Jack o Destripador, que asesinara a outra muller; Isaac Peral facía probas en España do seu submarino e estábase a construir en París a torre Eiffel.