«O consumidor demanda calidade»

La Voz

A MARIÑA

En????corto??? |???Cati?????Sánchez

07 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?onakatro organiza Produart, a feira de productos feitos a man e ecolóxicos que esta noite pechará a súa segunda edición en Burela. A xerente suliña: «O apoio á promoción e desenrolo do sector que traballa nun marco sostible (palabra fundamental) foi o que nos levou a facer Produart». Este ano voltou a unir productores e consumidores; iso si invertindo «moito traballo e custe» nunha iniciativa que, según Catalina Sánchez, bebe da filosofía «pensar mundialmente e actuar localmente» nos eidos medioambiental e cultural. -¿En que se fixa máis o cliente? -É unha feira moi variada. Creo que máis na alimentación, tamén na cosmética e nas terapias alternativas. É unha feira pequeniña pero moi grande en oferta. Son 39 stands. -¿Augúralle un bo futuro? -Oxalá o teña. Está moi claro que hai unha demanda por parte do consumidor de productos de calidade. -Falárase primeiro de facer unhas xornadas sobre bioconstrucción. -Non deu tempo ao final. Pero si queremos facelo en vindeiras edicións. Nesta xa hai xente facendo demostracións. É importante comunicar. Catalina Sánchez agradece o apoio de Concello de Burela, Cofradía de Pescadores, Fundación A Mariña Occidental, Xunta e moitos outros colaboradores. Asegura que Produart sempre irá da man da Feira do Bonito, como un apoio a esta pesquería, «a única tradicional e ecolóxica». A asociación Apned tamén participa, expoñendo e vendendo cadros feitos por nenos.