FORO PÚBLICO | O |
07 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ESTIMADO PRESIDENTE: Á vista da inminente entrevista que vai ter co señor presidente do Goberno, permítame lembrarlle alguns dos máis importantes compromisos adquiridos tanto pola Xunta como polo Goberno do Estado coas comarcas da Mariña asi como algunha das reivindicacións fundamentais desta zona. A primeira é, dende logo, relativa á Vía de Alta Capacidade entre Barreiros e Ferrol, infraestructura vital para a articulación do norte de Galiza, obra comprometida cando no ano 2001 se decideu o trazado interior, e non costeiro da autovía A-8 e que debería estar en funcionamento no ano 2007; o retrasoacumulado é enorme e o mesmo sucede no relativo aos treitos galegos da autovía A-8: están en execución tan só 21 kilómetros ficando once dos trece treitos galegos en estudos informativos, proxectos de redacción ou pendentes de licitación. Por outa banda, resulta altamente preocupante a resposta en sé parlamentar da señora ministra de Fomento afirmando, a respeito de Feve, que non se ia cometer nengunha actuación das recollidas no plano ferroviario 2003-2007, no que resta de lexislatura, e mais ainda se lle engadimos a sua negativa a concretar prazos e financiación para o AVE Ferrol-Bilbao. Finalmente, señor presidente, consideramos importante a apertura ao tránsito comercial do dique sul do porto de Alcoa en San Cibrao e a conseguinte constitución da autoridade portuaria de Lugo. Son asuntos decisivos para esta comarca que lle solicitamos incorpore á lista de demandas e peticións perante o señor presidente do Goberno. Gracias pola sua atención e un saúdo cordial. (Transcripción literal da misiva remitida polo parlamentario nacionalista ao presidente Manuel Fraga)