A TRIBUNA | O |
04 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.DE XEITO EXCEPCIONAL, e en base a unha denuncia anónima, a Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo decidiu abrir unha investigación para analizar as prórrogas de contratos presuntamente irregulares decretadas pola alcaldía de Foz. Antes, o BNG xa fixera públicos informes de dous funcionarios municipais, quen advertiron ó rexidor de que prescindira do procedimento establecido. Tamén de oficio, a Fiscalía de Lugo xa actuou en alomenos outras tres ocasións a partir de informacións xornalísticas. Lembren o presunto intento de soborno de Orlando Expósito, concelleiro de IU-EU en Viveiro, e os supostos cobros irregulares de dietas do vicepresidente da Deputación e ex alcalde de Ribadeo, o popular Rodríguez Andina, e do deputado provincial e concelleiro socialista en Foz, Xaime Cancio. Voltando ó principio, á apertura de dilixencias a partir dunha comunicación anónima, é unha situación excepcional e non precisamente porque se investigue, senón porque son contadas as denuncias dese tipo. Polo que parece, a Fiscalía está disposta, cando menos, a averiguar se hai indicios de delito en todos aqueles feitos presuntamente irregulares dos que teña coñecemento. A pelota está no tellado de quen sepa de anomalías e dispoña de probas. É de esperar que a Fiscalía non se colapse.