Entrevista | Renata Otero Ramallal A artista Renata Otero falou onte en Foz de cómo se pode ser pintora hoxe na Galiza, dentro das xornadas que organiza o colectivo A Pomba do Arco
26 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.?este ciclo de charlas que se celebra na Casa da Cultura de Foz falaron ontes de pintura a crítica Monserrat Cea e a viveirense Renata Otero. O resto da semana abordaranse tamén aspectos da escultura, o cómic e a arquitectura. Nace a iniciativa coa pretensión de achegar ó gran público o arte actual e de converter a comarca nun punto de encontro para temas artísticos. -¿A vostede qué lle parecen estas xornadas? -A maior parte da xente non se achega a unha exposición porque di que non entende ou que o arte é aburrido, pero eso se pode cambiar si se explica. As xornadas son moi útiles porque canta máis difusión teña o arte e canto máis se lle faiga chegar á xente de a pé, mellor. A situación na Mariña, de Lugo en xeral, está parada, non hai ningunha galería de arte. É útil que haxa asociacións que movilicen esto, cantas máis charlas e exposicións se organicen, cantos máis lugares haxa para expoñer mellor. -Falou de cómo se pode ser pintora hoxa na Galiza, da súa experiencia. ¿Considera que o seu caso pode servir de exemplo do que ocorre no arte? -A miña experiencia, polo que eu sei pode ser extrapolable. Levo un bo promedio de exposicións feitas, máis de sesenta. Teño boa capacidade de traballo, non son unha artista de primeira fila nin a nivel de cotización nin de expoñer en galerías potentes. Eu non aspiro a ser un Miró, senón unha profesional, ter estabilidade no mercado e poder vivir desto. E para eso hay que ser profesionais, ter unha continuidade, conseguir abrir seis ou sete exposicións ó ano. A idea é facer obra e expoñer onde poidas e no mellor sitio posible.