PRAZA PÚBLICA | O |
19 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.A CAMPAÑA ESTÁ un pouco revolta polo anuncio que fixo ETA, ese pesadelo e ese noxo que nos acompaña dende hai décadas. Por iso queda un pouco agachada a pastoral que publicou antonte o bispo de Mondoñedo-Ferrol, José Gea Escolano, sobre as vindeiras elecións. Condenar o aborto ou pedir que se ensine relixión nas escolas, como fai, ás veces escandalizan á mesma sociedade que deixa aos nenos pasaren horas e horas diante do televisor e que eleva aos futbolistas a ídolos sociais. Pódense compatir as súas opinións ou lembrarlle a separación Igrexa-Estado; pero asuntos como o da relixión nas escolas, e véxase o que pasa noutros países, deberían suscitar algunha reflexión, porque se algún día temos unha cantidade importante de inmigrantes, quizais haxa que falar dese e doutros temas.