A TRIBUNA | O |
16 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.SE AS PREVISIÓNS se manteñen, dentro de poucos anos, aínda que sempre máis tarde do que sería necesario, teremos autovía na Mariña. Algunha consecuencia, moi repetida, xa case semella un tópico: Oviedo e A Coruña estarán a menos de hora e media en coche, o cal abrirá novas posibilidades para o turismo. Non está mal, pero quizais fose útil lembrarmos que os grandes almacéns e as áreas comerciais desas cidades estarán tamén máis preto da nosa comarca e competirán de maneira máis clara co sector comercial de aquí. O que un non entende e cómo non se teñen en conta as perspectivas interiores que abrirá a autovía do Cantábrico na Mariña e no Occidente de Asturias. Se un número importante de xente vive nunha vila e traballa noutra, ás veces de distintas comunidades autónomas, será lóxico que os concellos vaian consolidando trazos diferentes segundo as súas actividades, pero tendo en conta que dúas comarcas, A Mariña e o Occidente de Asturias, que non chegan aos 150.000 habitantes poden artellar o seu futuro como catro ou cinco cidades pequenas. ¿Seguiremos pensando que pode haber unha piscina cuberta en cada concello?