«Se de algo estou satisfeita, é da colaboración da xente»

La Voz X.M.P. | V. DE LOURENZÁ

A MARIÑA

Entrevista | Isabel Docampo Antonte que unha explosión destruía parte da súa explotación gandeira. Qúédanlle forzas para seguir e a lembranza da axuda recibida.

25 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Isabel Docampo, veciña do concello de Lourenzá, tardará tempo en esquecer a noite do domingo ó luns. Un accidente causado pola explosión do quentador destruiu parte da nave onde ela e o seu home crían xatos. Onte aínda se avaliaban tódolos danos da explotación, situada no barrio de Pousada, e ela, entrementres, comentou algunhas impresións para este xornal. A súa explotación tiña arredor de cen xatos. Tres morreron e o resto anda espallado por varias cortes. A gandería non é un traballo cómodo; pero ela xa pensa en volver canto antes á normalidade. _Nunca pensa un que lle vai tocar vivir unha situación coma esta, ¿non é certo? _Pensas moitas cousas: que os animais poden morrer por unha enfermidade ou que o vento che pode levar unha parte do tellado. Pero isto, non; nin eu nin ninguén. _Pero hai que seguir por enriba de todo. _Por suposto. ¡Qué remedio! _Sempre se comenta que a cría de gando, sobre todo de vacas, é un dos traballos máis duros porque non deixa tempo libre. ¿É certa esa imaxe? _É real. Aínda que queiras ir de fin de semana, non podes; de vacacións, nin pensalo. A única alternativa é haxa alguén especial, un parente sobre todo, que che coide os animais; pero non é doado. _¿Está contenta da reacción da xente? _Non puido ser mellor, e non podo dicir outra cousa. Houbo xente que arriscou a súa vida sen saber o que podía pasar. Nunca pensei que fose tanto o que a xente podía facer. Se de algo estou satisfeita, é diso, da colaboración da xente.