Comer na escola

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

15 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O ENSINO PÚBLICO é un mundo realmente complexo, donde resulta difícil conciliar os intereses dos políticos de turno cos dos mestres, cos dos pais e cos dos alumnos. Conciliar é a clave, porque se trata de axustar ás normas á realidade e ás necesidades e dereitos de todos e cada un os integrantes da comunidade escolar. Nos últimos días, pais de alumnos dos colexios públicos de Cervo e de Nois (Foz) están a reclamar axudantes de cociña para os comedores escolares. Educación, por boca do seu delegado provincial, invoca a lexislación e négase a contratar máis personal. Publicamente, os mestres calan. Segundo Educación, teñen dereito gratuito a comedor os rapaces que residan a máis de dous kilómetros do colexio e acudan a él en autobús pagado polo erario público. Se hai máis de noventa nesa situación, a consellería ten que contratar cociñeira e axudante. Se hai menos, á cociñeira non lle queda outra que apañarse soa para preparar a comida e limpar. Educación autoriza máis comensais se quedan prazas vacantes, hai demanda e os pais pagan ese servicio público. Recoñece así a realidade, que obriga a cada vez máis pais e nais a buscar centros escolares con comedor para poder conciliar a vida laboral e familiar. Mais incurre nunha contradicción cando permite acoller nos comedores a máis comensais dos que teñen dereito, previo pago dunha cuota, pero négase a dotalos do personal necesario para atendelos. Por se fora pouco, esa consellería tampouco deixa cubrir as evidentes carencias con traballadores que non dependan dela. Xa non hai disculpas para adaptar a lexislación á nova realidade social. ¿Ou será certo que á consellería non lle importa o ensino público nin o peche de colexios porque se quedan sin alumnos ó non ofrecer o que demanda a sociedade?