Entrevista | Manuel Salgueiro Manuel Salgueiro opina que tódolos crentes deben implicarse na vida da Igrexa e manter vivas as comunidades cristiás
25 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Manuel Salgueiro estaba onte «nervioso pero tamén contento». Este profesor de Relixión acode hoxe á parroquia de Galdo (Viveiro) para ter , ás cinco e media da tarde, un encontro cos fieis. O acto é unha consecuencia máis da falta de vocacións, aínda que o oficio relixioso, como subliña Salgueiro, non é exactamente unha misa. A medida ampliarase despois á parroquia de Bravos (Ourol), na que o encontro cos fieis terá lugar unha hora despois da prevista para a localidade de Viveiro. Na celebración non haberá consagración, algo que só poden facer os sacerdotes, aínda que os asistentes podrán comungar e escoitarán as lecturas litúrxicas do día. Noutras dúas parroquias da Mariña, as de San Isidoro do Monte e Rigueira (Xove), xa se está a aplicar este sistema de encontro semanal cos fiei s, no que participa o profesor focego Euloxio Xesús Rubert. -¿Como reaccionará hoxe a xente da parroquia que vai á igrexa? -Haberá de todo, pero eu creo que os crentes de verdade aceptarano. Ademais hai falta de cregos, eu creo que iso é evidente. -¿Durará o encontro máis ou menos como unha misa habitual, á que a xente está máis ou menos afeita? -Supoño que arredor de trinta minutos, máis ou menos. -¿Pode ampliarse a outras zonas unha experiencia coma esta? -Creo que non me corresponde a min dicilo. Sen embargo, noutras zonas de Galicia xa se están a facer experiencias coma esta. -Tendo en conta a falta de cregos, ¿deben de participar os crentes nas actividade da Igrexa dunha maneira máis activa do que veu sendo habitual ata agora? -O que está claro é que a fe non é só unha cousa dos cregos e todos debemos transmitila. Eu creo que a xente debe comprender iso.