Pregunta a Educación

APA DO CEIP DE NOIS

A MARIÑA

TRIBUNA ABIERTA | O |

30 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DESDE a Asociación de Pais de Alumnos do Colexio Público Fondo-Nois, en Foz, desexamos preguntarlle ó señor delegado provincial de Educación a qué se refire cando di que «xa veremos si as obras da pista deportiva se poden facer no ano que vén». Xa que se é sabido que o presuposto para esta obra no noso colexio está aprobado dende o ano 1997, ¿cál é o motivo de que non se poidan realizar esas obras? Se é por unha cuestión económica que non se poidan realizar, ¿ónde están invertidos entón eses cartos antes mencionados? Se están invertidos noutro centro, verémonos na obriga de levar ós nosos fillos e fillas a xogar a ese outro centro escolar cando chova. De tódalas formas queremos agradecerlle ó señor delegado provincial da Consellería de Educación a súa contestación ás nosas notas de prensa enviadas anteriormente. Tamén queremos sinalar que en ningún momento o delegado provincial contestou ós escritos enviados por esta asociación de pais en relación a éste e outros asuntos. Firma el comunicado la Asociación de Padres de Alumnos del colegio público Fondo-Nois.