A figura do cronista

| LUIS PRIETO |

A MARIÑA

PLAZA PÚBLICA

19 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A FIGURA do cronista municipal parece de primeiras algo que sona a anacrónico, antigo xa; como se estivese erosionada de algunha maneira polo tempo ou, máis que polo tempo, pola propia figura como tal. Non sei se me explico, porque é un pouco difícil. Delicado, se se quer. O perfil da persoa na que recaia esta distinción, ó cabo é unha distinción e unha honra, é a que conta verdadeiramente para lle dar modernidade ou outra cousa, máis ou menos releve acaso, a esta figura. É un nomeamento, case sempre, demasiado condicionado. Como se se estreitasen demasiado as cordenadas á hora de decidir o nome dun cronista municipal. Vén isto a conto porque o novo goberno de Viveiro, o goberno bipartito, ten intención de manter esta figura do cronista municipal, figura agora vacante. Veu todo isto a conto por iso.